Publicador de contidos
Publicador de contidos

Músicas con cambio de rumbo: Law, Sabela e Eilen Jewell, nas músicas do 'Zigzag'

Músicas con cambio de rumbo: Law, Sabela e Eilen Jewell, nas músicas do 'Zigzag'

Law é unha novísima artista de Vigo: arent'be, reggae e hip hop contemporáneo para desentrañar o mundo

Sabela adianta o seu novo álbum co tema 'Hi, my love'

Eilen Jewell comeza a súa xira española na Capitol de Santiago

G24.gal 04/06/2024 15:03 Última actualización 04/06/2024 16:47

As tres artistas de hoxe decidiron dar un novo rumbo a súa carreira. Law, do barrio de Coia, en Vigo é unha das artistas do programa da Aceleradora de proxectos Mans. Tras unha titoría con Juan de Dios decide comezar o seu proxecto de cero. Arent'be contemporáneo que quere ir do barrio a tribo, e da electrónica ao orgánico.

Sabela volve aos escenarios. Trala pandemia, a suspensión da súa xira Despedida e varias perdas familiares inicia agora un novo camiño cun son máis internacional sen perder de vista as súas raíces.

Eilen Jewell publica o seu disco máis autobiográfico ata o momento. A chamada 'Raiña do modo menor' tras o divorcio do seu home, batería e representante da súa banda, e perdas de varios achegados, reinvéntase en 'Get behind de wheeels', un álbum no que volve coller o volante da súa vida e incorpora a psicoledia a sua amalgama de xéneros musicais americanos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade