Natalia Balseiro: "Os comuneiros de Couso querían que os veciños recoñezan o seu traballo"
Natalia Balseiro: "Os comuneiros de Couso querían que os veciños recoñezan o seu traballo"
'Os sentires do monte' é unha intervención da artista Asunción Molinos tras un proceso de diálogo coa comunidade de montes de Couso
A proposta consiste na elaboración dun documento e celebración dun ritual anual colectivo arredor do propio monte
'Terra Común' forma parte do proxecto 'Concomitentes', co apoio europeo de Art Living Lab for Sustainability
A acción pretende subliñar os dereitos do monte, asegurar o relevo xeracional do territorio e inspirar a outros contornos similares. Este é o propósito de 'Tierra común'.
Recibimos a mediadora deste proxecto enmarcando na curatoría de Concomitentes Natalia Balseiro. Ela é "voceira" do traballo que fixeron os veciños da Comunidade de Montes de Couso, de Gondomar e a artista Asunción Molinos Gordo. Un traballo que celebra e reivindica os dereitos do monte e das persoas que nel habitan.