Publicador de contidos
Publicador de contidos

"O corpo aberto" e "Rapa", premios especiais na gala previa dos Mestre Mateo

"O corpo aberto" e "Rapa", premios especiais na gala previa dos Mestre Mateo

Gala previa dos Mestre Mateo en Allariz
G24.gal 25/02/2023 19:14

A Academia Galega do Audiovisual reuniu este sábado en Allariz os finalistas dos Premios Mestre Mateo. Quedan dúas semanas para a gala e xuntáronse na vila allaricense moitos dos candidatos que optan a algunha das 26 categorías.

Logo dunha andaina guiada por algúns dos recunchos de Allariz, os finalistas participaron nun encontro gastronómico no que puideron compartir experiencias e proxectos.

As longametraxes O corpo aberto, Valentina e O home e o can, a serie Rapa, así como a curta A entrega foron premiados no marco dos Mestre Mateo, na antesala da gala de entrega de premios que acollerá a cidade de Ourense o próximo 11 de marzo.

O corpo aberto  recibiu o premio ao impulso da sustentabilidade. O premio Galicia Calidade pola promoción exterior recaeu na serie Rapa, unha produción que mostra "espectaculares paisaxes das Rías Altas" e que foi recoñecida pola crítica e polo público.

A produción de Portocabo parte con 19 candidaturas finalistas nesta XXI edición dos Premios Mestre Mateo.

Rapa e O Corpo Aberto acaparan a meirande parte das candidaturas finalistas da vixésimo primeira edición dos premios do audiovisual galego, que poderán ver dentro de dúas semanas na Televisión de Galicia.

A entrega dos premios especiais concluíu co anuncio da película gañadora do premio Ourense Film Commission, para O home e o can.

A trama fai unha chamada "sobre o baleiro humano do territorio e a soidade dos maiores" con imaxes que foron rodadas principalmente na cidade de Ourense, San Cibrao das Viñas, así como nas zonas de Manzaneda e Cea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade