Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pequeno Nicolás, absolto dun delito de usurpación de funcións e suborno polo Supremo

O Pequeno Nicolás, absolto dun delito de usurpación de funcións e suborno polo Supremo

Culpábano dun delito de usurpación de funcións e suborno pola viaxe a Ribadeo polos que fora condenado a 3 anos pola Audiencia Provincial de Madrid

A Fiscalía acusábao de facerse pasar por unha ligazón entre Goberno e Casa Real en 2014

Francisco Nicolás Gomez Iglesias, o Pequeno Nicolás, nunha foto de arquivo (EFE/Carlos Pérez) Francisco Nicolás Gomez Iglesias, o Pequeno Nicolás, nunha foto de arquivo (EFE/Carlos Pérez)
G24.gal 22/05/2024 16:08

Segundo informou o Tribunal Supremo, os maxistrados concluíron que a conduta de Francisco Nicolás Gómez Iglesias só consistiu na organización e presenza nunha comida cun empresario facéndose pasar por ligazón entre a Vicepresidencia do Goberno e a Casa Real, o que é unha acción de suplantación.

Deste xeito, segundo o relato da sentenza, as accións do Pequeno Nicolás carecían da nota de pluralidade que esixe o Código Penal, ademais de que tratábase dunha "comida sen contido político ou económico que non encaixa co concepto de acto oficial".

Por outra banda, o tribunal non considerou constitutivo de delito de suborno pagarlle a un Policía Local por realizar un servizo de escolta alleo a toda función pública. Isto débese a que a retribución entregada ten que ser por actos relativos ao exercicio do cargo que desempeña.

Neste caso, os feitos probados da sentenza impugnada declarouse que ambos sabían que o que se ía facer era un simulacro e o acto desenvolveuse fóra da localidade en que presta servizos o axente policial, así como fóra das súas horas de servizo.

Desta maneira, Francisco Nicolás continuará en liberdade, xa que só fora condenado por "o caso do DNI", a cal fora dun ano e nove meses, cifra que non supera os dous anos, co que non implica ingreso a prisión.

En relación ao recurso de Gómez Iglesias, a defensa do mozo acudira ao Supremo tras considerar que a Audiencia Provincial de Madrid vulnerara o seu dereito á tutela xudicial efectiva, o seu dereito á presunción de inocencia, a inviolabilidade do seu domicilio, a súa intimidade persoal e virtual e o principio de proporcionalidade.

Ademais, na apelación o equipo xurídico de Gómez Iglesias defendía que o rexistro feito na casa do Pequeno Nicolás ao comezo da investigación era nulo xa que "non se fixo ningún tipo de distinción ou discriminación á hora de apoderarse de todos os datos que se atoparon" nos dispositivos móbiles, computadores e tabletas que había no domicilio, segundo informou Europa Press.

Adicionalmente, a defensa declarou que o "Código penal non coñece o delito de xactancia", polo que Francisco Nicolás non era culpable.

Na actualidade, o Pequeno Nicolás ten pendente outras dúas sentenzas: a condena de catro anos e tres meses de prisión e multa de 4.200 euros por acceder en 2014 a información "confidencial" en bases de datos policiais; e a condena de tres anos e cinco meses por facerse pasar por un membro do Goberno na compravenda da leira da Alamedilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade