A Real Filharmonía de Galicia comeza unha nova temporada, titulada 'Inconformistas'
A Real Filharmonía de Galicia comeza unha nova temporada, titulada 'Inconformistas'
A programación reúne innovadores do pasado como Beethoven con creadoras actuais como Isabel García-Tomás
Xa están á venda as entradas individuais, abonos e os novos abonos flexibles
A Real Filharmonía de Galicia comeza unha nova temporada, titulada Inconformistas. Pon o foco en creadores e creadoras que abriron novas vías musicais, desde clásicos tan innovadores como Beethoven ou Berlioz á española Isabel García-Tomás, Premio Nacional de Música en 2022 e compositora residente da RFG neste curso.
Baldur Brönniman, director titular e artístico da orquestra, e Sabela García Fonte, directora técnica, visitaron o Diario cultural da Radio Galega para falar da programación dos próximos meses, do concerto 'Sensoxenoma' do venres 27 de setembro e dos abonos flexibles para cinco ou dez concertos que o orquestra ofrece nesta temporada.