Cargando resultados...
Os poemas e textos dramáticos de Luísa Villalta mudan en Indóciles
Os poemas e textos dramáticos de Luísa Villalta mudan en Indóciles
Neste ano que o Día das Letras Galegas está dedicado a Luísa Villalta queren establecer un diálogo para falar de ti a ti coa escritora
No escenario Vero Rilo, Mónica de Nut e Nuria Vil
Electrónica, voz e pandeira compoñen unha música que abana entre a sutileza o ruído e o silencio
G24.gal
23/02/2024 14:48
Última actualización 23/02/2024 16:35
No Festival Rosalía de Santiago estréase Indóciles, un espectáculo inspirado na escritora Luísa Villalta á quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Esta peza multidisciplinar conxunta a narración oral de Vero Rilo, os recitados de Nuria Vil e a música de Mónica de Nut. As entrevistamos en Arcade, no concello de Soutomaior, onde fixeron a preestrea.