Patricia Torrado Queiruga: "As mulleres sempre seremos campo de batalla"
Patricia Torrado Queiruga: "As mulleres sempre seremos campo de batalla"
Ouveos fractais é un libro dedicado a todas as sen voz, as mulleres e a todos os que ouvean canda elas
As imposicións de xénero, a violencia contra as mulleres, o silencio ou a frustración están nos versos do poemario
Participan con ilustracións e fotos: Diana Fajardo, Adolfina Mesa, Viki Rivadulla, Emma Pedreira, Andrea F. Maneiro e Paola García
"A vella loba
cando perdeu
os dentes e as forzas
cando a pelaxe se lle volveu doméstica
aprendeu a roer coas enxivas
sa pedras do silencio"
Son versos de Ouveos fractais, o último poemario de Patricia Torrado Queiruga. Un libro en que ouveamos todas, tamén as sen voz, as silenciadas. Escribe Patricia neste libro: "O día que aprendín a ser libre, non tiven que ensaiar o ouveo". Con todo, na vida, na historia e, por desgraza, quizais, no futuro, seguiranse escoitando Ouveos fractais.