Cargando resultados...
'Picasso na casa', en cómic, 'stop motion' ou como figura de Playmobil
Artistas galegos de diferentes disciplinas amosan obras que homenaxean a Picasso
Catro dioramas escenifican a infancia de Picasso con figuras de Playmobil
Hai ilustracións, animación stop motion, banda deseñada e figuras de Playmobil
G24.gal
27/02/2024 13:57
Última actualización 27/02/2024 16:53
A Coruña acolle diferentes mostras que conmemoran o cincuenta aniversario da morte de Pablo Picasso. Unha delas destaca os anos que residiu na cidade herculina cando era neno. Baixo o título '1891-1895, Picasso na casa' artistas galegos de diferentes disciplinas inspíranse na vida e na obra do xenial pintor para homenaxealo. Unha mostra aberta na Casa Museo Picasso da Coruña.