"Por un futuro sostible", lema co que se celebra o Día das Bibliotecas
"Por un futuro sostible", lema co que se celebra o Día das Bibliotecas
As bibliotecas ofreceron este xoves actividades para o fomento da lectura
Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, que promove o Ministerio de Cultura para homenaxear e recoñecer o importante papel que teñen no fomento da lectura, do ocio e do coñecemento.
"Somos un servizo á comunidade que estamos presentes no día a día", di Pilar Fernández, directora da Biblioteca Pública de Pontevedra.
Espazos que poñen á disposición da cidadanía tesouros que compartir. E así o recoñecen as propias persoas usuarias.
Contacontos con poesía ou música, obradoiros literarios, clubs de lectura. Son só algunhas das propostas. Actividades que espertan a curiosidade e retroalimentan o interese polo libro.
Asegura Pilar Fernández que na niblioteca de Pontevedra da que é responsable "tan pronto remata o contacontos no salón de actos soben todos á sala de biblioteca infantil a levar libros en préstamo, a desfrutar do espazo dedicado os máis pequenos". Engade que "ao final somos un pouco como un centro de reunión".
"Por un futuro sostible" é o lema deste Día da Biblioteca, na busca dunha sociedade máis xusta, diversa e igualitaria.