Unha app creada por dous coruñeses permite reservar prazas nas bibliotecas
Unha app creada por dous coruñeses permite reservar prazas nas bibliotecas
Uekko estréase na Universidade da Coruña e aspira a estenderse a outras universidades
As bibliotecas están este mes de exames ateigadas de estudantes. Unha aplicación deseñada por dous mozos coruñeses permite reservar con antelación oco para estudar ou traballar tanto nas bibliotecas coma en locais de hostalería. Acaba de ser premiado como proxecto de emprendemento.
Uekko naceu na Coruña en 2021. Coa pandemia, moitos buscaban lugar para teletraballar fóra da casa e esta plataforma coruñesa permitía alugar espazos alternativos en negocios de hostalería a cambio dunha consumición mínima.
Pero nos últimos tres anos, Uekko reinventouse e agora redirixiron o proxecto aos estudantes. "Intentamos resolver o problemas nas bibliotecas, que agora é tan notorio en Galicia", explica Aquilino Sousa, codirector de Uekko.
"A través do mapa que facemos a medida da biblioteca ou da sala de estudo, pódese reservar ese oco", di David de la Fuente, codirector de Uekko.
Comezaron en convenio coa Universidade da Coruña, pero a idea é estenderse. "Queremos seguir avanzando polos diferentes centros que hai en Galicia e tamén por España. Hai moitos alumnos que nos escriben para ver se podemos ir ás súas universidades", di David de la Fuente.
Para bibliotecas ou locais de hostalería. A intención de Uekko é ofrecer unha alternativa aos lugares de estudo, ás salas de reunións e aos espazos de coworking.