Publicador de contidos
Publicador de contidos

Contacontos nas bibliotecas de Ourense para fomentar a lectura nas vacacións de verán

Contacontos nas bibliotecas de Ourense para fomentar a lectura nas vacacións de verán

Os cativos poden disfrutar desta iniciativa do concello ourensán e a Xunta nas bibliotecas municipais

G24.gal 08/07/2024 13:58

Os cativos están de vacacións pero non por iso deben esquecer o bo hábito de ler. Fomentar a lectura tamén no verán é o que pretenden no Concello de Ourense e a Xunta cuns contacontos organizados para xullo e agosto nas bibliotecas.

Aprenden, por exemplo, a interpretar a particular historia de Martín, un neno aburrido ao que o pai e a nai lle mercan moitas cousas e nada lle vai ao xeito.

Este verán, un día á semana, os contacontos van seguir nas bibliotecas municipais de Ourense. Un programa do Concello e a Xunta para animar a ler.

Por exemplo, un conto escrito e interpretado por Sabela Gago, baseado principalmente na palabra e nas emocións, que os atrapou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos