Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bibliotecas cheas en plena temporada de exames

Bibliotecas cheas en plena temporada de exames

Os universitarios están inmersos no período de exames do segundo cuadrimestre

Para conseguir un lugar hai que madrugar e facer longas ringleiras

G24.gal 28/05/2024 14:12

Estes días son nas bibliotecas galegas días de moita trasfega. Achéganse os exames finais nas facultades, están máis preto as probas da ABAU, e iso nótase e moito nestes lugares de estudo. De feito, os máis deles amplían horario, algúns mesmo abren pola noite. 

Moitos dos estudantes que están no exterior das bibliotecas contan que son días de moitas horas cos apuntamentos e que e, en plena temporada de exames finais, tamén hai algún que outro nervio.  As máis das bibliotecas amplían os horarios nestas datas, algunhas mesmo abren toda a noite. Para coller un lugar, segundo os universitarios que as frecuentan, cómpre madrugar moito e facer longas ringleiras.  

Ata a segunda semana de xuño hai exames. Por diante quedan días de estudo, de dedicación e, polo que contan os estudantes tamén de ringleiras ás portas das bibliotecas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade