Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Punctum', unha punzada no corazón da banda deseñada galega

'Punctum', unha punzada no corazón da banda deseñada galega

A punzada que atravesa o noso corazón ao ver unha imaxe, o Punctum, dálle o título a esta exposición que conecta a banda deseñada coa arte contemporánea

Estes beliscos de BD pódense visitar ata o 16 de xuño no Auditorio de Galicia, en Santiago

G24.gal 07/05/2024 13:00 Última actualización 07/05/2024 17:00

Mulleres en cadriños é un proxecto coordinado por Neves Rodríguez que quere resituar a banda deseñada con diferentes actividades, e mesmo unha mostra, que baixo o título Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, leva ao espazo da arte contemporánea o cómic de varias millennials que agromaron darredor dos fanzines.

Seis mostras individuais perfectamente diferenciadas: 'Nós seis' de Julia Lago, 'Micro Algas' de Xulia Pisón, 'El Cuerpo de Cristo' de Bea Lema, o animismo de Pepa Prieto Puy, o delicado traballo de Uxía Larrosa e a estética underground de Maru Astray. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade