Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago Cortegoso: "O texto de Reconversión é un exercicio de memoria histórica"

Santiago Cortegoso: "O texto de Reconversión é un exercicio de memoria histórica"

Ibuprofeno Teatro estrea 'Reconversión' no Teatro Rosalía da Coruña esta fin de semana

O autor e director da obra, Santiago Cortegoso, narra a reconversión naval a través das vivencias do seu pai

Oito actores-músicos forman unha charanga e dan vida a mais de 20 personaxes 

 

G24.gal 06/02/2025 15:14 Última actualización 06/02/2025 16:56

A reconversión naval no Morrazo a ritmo de charanga. Isto é o que propón Ibuprofeno Teatro na súa última obra que se estrea mañá na Coruña. O autor e director do espectáculo, Santiago Cortegoso, fai un exercicio de memoria histórica guiado pola súa propia biografía e cunha posta en escena que sorprende pola súa vitalidade.

Oito actores músicos interpretan a banda sonora en directo formando unha charanga e dando vida aos protagonistas daqueles anos da dura Reconversión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade