Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rumia, Maricarme e Nastasha Zürcher, voces femininas nas músicas do 'Zigzag'

Rumia, Maricarme e Nastasha Zürcher, voces femininas nas músicas do 'Zigzag'

Maricarme, un supertrío de neofolk con Antía Ameixeiras, Cibrán Seixo e Migui Carballido

'Desfado', dos galegos Rumia: fado ao ritmo do drum and bass

Nastasha Zürcher canta á luz  nun videoclip filmado na praia das Furnas 

G24.gal 12/06/2024 15:11 Última actualización 12/06/2024 16:49

Maricarme xorde na noite compostelá máis surrealista da unión de tres músicos vencellados á escena folk galega. 'Ai Jesús' é a súa carta de presentación, un arranxo do Maneo de Miñata con sons mántricos entre o orgánico e o electrónico.

Rumia adianta o seu segundo disco con 'Desfado', unha versión electrónica da canción de Ana Moura. Denís e Blanca son da Coruña pero crean a cabalo entre Madrid e Berlín.

Nastasha Zurcher presenta un novo videoclip do seu disco 'But life is beauty full'. A canción é 'Chegue a luz' e conta cunha mensaxe optimista para afrontar as durezas do día a día. O vídeo vai asinado por Jairo Moreno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade