Cargando resultados...
'Terra', a canción de Tanxugueiras coa que buscarán o billete a Eurovisión
'Terra', a canción de Tanxugueiras coa que buscarán o billete a Eurovisión
A canción coa que participarán no Benidorm Fest mantén a esencia dos seus temas anteriores e repite unha mensaxe: "Non hai fronteiras"
G24.gal
21/12/2021 08:25
E despois de moita expectación, por fin viu a luz o tema co que o trío galego Tanxugueiras loitará por un billete para Eurovisión 2022.
Ás 00:00 horas deste martes publicouse oficialmente Terra, aínda que unhas horas antes xa se filtrara na Internet. A canción coa que participarán no Benidorm Fest mantén a esencia dos seus temas anteriores e repite unha mensaxe, "Non hai fronteiras", que ademais de en galego escóitase tamén en catalán, éuscaro e asturiano.