Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nebulossa vai representar España en Eurovisión tras gañar o Benidorm Fest

Nebulossa vai representar España en Eurovisión tras gañar o Benidorm Fest

En segunda posición quedou St. Pedro, con 139 puntos, seguido de Angy Fernández, con 128

Nebulossa venceu na gala final do Benidorm Fest. EFE/Morell Nebulossa venceu na gala final do Benidorm Fest. EFE/Morell
G24.gal 04/02/2024 08:19 Última actualización 04/02/2024 09:26

Nebulossa gañou a terceira edición do Benidorm Fest e representará España en Eurovisión 2024 coa súa canción Zorra, que obtivo 156 puntos. En segunda posición quedou St. Pedro, con 139 puntos, seguido de Angy Fernández, con 128.

Completan a clasificación Jorge González con Caliente, Almácor con Brillos Platino, María Peláe con Remitente, Sofía Coll con Here to Stay e, o pechacancelas foi Miss Caffeina, co seu tema Bla, Bla, Bla

A terceira edición do Benidorm Fest chegou ao seu fin cunha gala conducida por Ruth Lorenzo, Marc Calderó e Ana Prada na que participaron oito finalistas, saídos das dúas semifinais que se levaron a cabo esta semana.

A banda alacantina Nebulossa, a revelación da edición, confiou nunha escenografía con vermellos e dourados para interpretar o seu tema Zorra. Mery Bas cantou enriba dun sofá circular acompañada por dous bailaríns, que acaban quitando boa parte da roupa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos