Cargando resultados...
Ana Kiro, candidata á Eurovisión da Intelixencia Artificial con 'Florespiña'
Ana Kiro, candidata á Eurovisión da Intelixencia Artificial con 'Florespiña'
A tecnoloxía permite que a cantante, falecida hai 13 anos, represente a Galicia no certame
O concurso celebrarase na A Coruña o 4 de novembro
G24.gal
22/09/2023 17:38
Galicia xa ten candidata á Eurovisión mundial da intelixencia artificial. A tecnoloxía permite que sexa Ana Kiro a representante galega no certame. Farao coa proposta elaborada polo equipo PAMP! e a canción 'Florespiña'.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago colaborou nesta iniciativa, que pon de novo sobre o escenario unha das figuras máis queridas da música galega.
A cantante arzuana faleceu hai 13 anos, o 24 de setembro de 2010. O certame musical vaise celebrar na Coruña o 4 de novembro.