Publicador de contidos
Publicador de contidos

A polémica final de Eurovisión gaña audiencia malia os chamamentos ao seu boicot

A polémica final de Eurovisión gaña audiencia malia os chamamentos ao seu boicot

Suíza gañou o certame grazas á defensa da diversidade de xénero do seu representante Nemo

España tivo que conformarse co posto 22 para a actuación de Nebulossa e a súa canción Zorra 

Seguimento da actuación de Nebulossa en Ondara (Alacant). EFE/Pablo Miranzo Seguimento da actuación de Nebulossa en Ondara (Alacant). EFE/Pablo Miranzo
G24.gal 12/05/2024 12:14 Última actualización 12/05/2024 12:49

A polémica final do festival de Eurovisión obtivo en España unha audiencia do 41,8 %, dous puntos máis ca o ano pasado.

Case cinco millóns de persoas seguiron o evento, 47.000 máis que en 2022, malia os numerosos chamamentos ao boicot pola participación de Israel en plena ofensiva contra Gaza.

Segunda a consultora Barlovento, a final do concurso, televisada pola 1, congregou fronte á pantalla unha media de 4,88 millóns de espectadores, o que supón unha cota do 41,8 %.

A noite na que Suíza se alzou co premio grazas á defensa da diversidade de xénero do seu representante Nemo, España tivo que conformarse co posto 22 para a actuación de Nebulossa e a súa canción Zorra.

Malia a melloría en audiencia con respecto ao ano pasado, cando Blanca Paloma representou España, as cifras non superan os rexistros alcanzados por Chanel no 2022 (50,8 % de audiencia e 6,8 millóns de persoas seguindo o certame).

A final de 2012, cando a actuación de Rosa López captou a atención de 12,7 millóns de persoas en España, o 80,4 % da audiencia daquela noite, segue a ostentar o récord do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade