Publicador de contidos
Publicador de contidos

O debate electoral da CRTVG liderou a emisión cun 18 % de cota de pantalla

O debate electoral da CRTVG liderou a emisión cun 18 % de cota de pantalla

Ata 345.000 galegos contactaron  nalgún momento co debate, que tivo picos dun 24 % de cota de pantalla

Foi líder durante a súa emisión e tivo maior cota de pantalla que os últimos dous debates galegos

G24.gal 06/02/2024 12:02 Última actualización 06/02/2024 13:24

O debate da CRTVG, o único que reuniu os principais candidatos á presidencia da Xunta de Galicia nesta campaña electoral, foi seguido por 150.000 espectadores de media, o que representa un 18 % da cota de pantalla.

A emisión, que se estendeu durante case tres horas, chegou a un total de 345.000 galegos, con picos dun 24 % de cota de pantalla.

Foi líder durante a súa emisión e acadou maior cota de pantalla que os últimos dous debates galegos: 12/09/2016, 15,3 % e 29/06/2020, 15,8 %.

Segundo os datos de Kantar Media, o debate tamén foi o contido que acadou maior número de contactos de calquera medio ou soporte en Galicia no conxunto da xornada de onte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade