Victoriano Nodar: "O bestiario da catedral de Santiago ten mensaxes morais"
Victoriano Nodar: "O bestiario da catedral de Santiago ten mensaxes morais"
'El bestiario da la catedral de Santiago de Compostela. Espacio, función y audiencia' nace dunha tese de doutoramento
A presenza de animais nos capiteis da basílica non só é ornamental tamén teñen mensaxes
Serpes e sapos que castigan no inferno a unha muller luxuriosa, demos que teñen corpo de animais, sereas, aves, leóns, peixes, a catedral de Santiago ten toda esa fauna nos seus capiteis. Animais reais e fantásticos que adornan e tamén lanzan mensaxes.
Un libro recolle este bestiario a partir dunha tese de doutoramento do seu autor, Victoriano Nodar. Os capiteis da catedral de Santiago teñen moitísimos motivos vexetais, pero tamén animais. Toda esa fauna que podemos ver, real ou ficticia, acaba de ser estudada en profundidade polo noso convidado.