"Vigo sen bombeiros" esixe ao Concello máis efectivos para poder atender as incidencias da cidade
"Vigo sen bombeiros" esixe ao Concello máis efectivos para poder atender as incidencias da cidade
A plataforma "Vigo sen bombeiros" manifestouse esta tarde na cidade olívica para esixir máis efectivos. Os bombeiros, uns sesenta, aínda tocados pola morte dun compañeiro o sábado pasado, remataron a súa marcha de protesta ante o concello. Sumáronse a eles, á súa protesta unhas trescentas persoas.
"Levamos xa catro, case cinco anos nunha situación súper complexa, cunha falta de persoal xa radical. Hoxe está o parque de Coruxo pechado, mañá pecha de novo. Estamos menos trinta bombeiros. E para o futuro xa inmediatísimo necesitariamos un aumento entre 30 e 50 persoas máis. Iso é o que faría falta para ter un operativo razoable e dimensionado para esta cidade. Esta é unha situación para nós insostible e o que pasou co noso compañeiro é a gota que colmou todo isto. Estamos fartos e tentamos mobilizar todo o máximo posible", conta a TVG David Álvarez Salgueiro, da plataforma "Vigo sen bombeiros".