Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Visibilidade, orgullo e resiliencia": a manifestación do Orgullo en Madrid xunta milleiros de persoas contra o odio

"Visibilidade, orgullo e resiliencia": a manifestación do Orgullo en Madrid xunta milleiros de persoas contra o odio

G24.gal 09/07/2022 21:45

Madrid é esta fin de semana a capital da diversidade e a igualdade na manifestación do Orgullo, que volve ás rúas despois de dous anos de pandemia. 

"Fronte ao odio, visibilidade, orgullo e resiliencia" é o lema que agrupa máis de 2 millóns de persoas nunha xornada reivindicativa e festiva.

Nun ambiente festivo e cubertos por arcos da vella os manifestantes toman as rúas e prazas de Madrid cunha mensaxe clara que responde aos discursos do odio e aos ataques contra o colectivo: "Fronte ao odio, visibilidade, orgullo e resiliencia que garantan a diversidade afectivosexual e de xénero e a igualdade real na sociedade".

Entre os asistentes, a ministra de Igualdade, Irene Montero e o de Interior, Fernando Grande-Marlaska, que defenderon o compromiso do goberno coa comunidade LGTBIQ con mostras como a actual tramitación parlamentaria da Lei Trans. 

Na marcha están representadas organizacións de todo o Estado e a manifestación pretende ser un ano máis un referente internacional da diversidade. O desfile de carrozas, e os concertos programados para toda a fin de semana marcarán a parte máis festiva da protesta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade