Xosé M. Núñez Seixas: "Galicia é sociedade de inmigración, pero aínda somos no imaxinario colectivo unha nación de emigrantes"

O libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina ata mediados do século XX
O autor revisa o peso dos estereotipos negativos dos 'gallegos' na conformación da súa identidade
Durante séculos, varias ondas de emigrantes deixaron Galicia para instalarse na Arxentina e maioritariamente en Bos Aires. Unha colectividade que mantivo os seus costumes, conformou unha identidade e soportou un estereotipo negativo dos 'gallegos'.
O catedrático de historia contemporánea da USC, Xosé Manoel Núñez Seijas, publicou a través do servizo de publicacións da Universidade, alá polo 2002, un ensaio sobre a identidade galega na Arxentina, que agora renace da man da editorial Galaxia co título de 'Os inmigranes imaxinados'.