Xurxo Ayán: "O viño rematou engulindo estes espazos sagrados da Ribeira Sacra"

A campaña do Preguntoiro estuda a necrópole altomedieval de sartegos antropomorfos escavados na rocha en Pantón

Podería ter existido un espazo doméstico ou eremitorio previo aos mosteiros da zona

Formúlase con esta escavación unha arqueoloxía comunitaria que vai máis alá da arqueoloxía pública

G24.gal O bosque animado 17/11/2023 21:00 Última actualización 15/11/2023 16:46

Xurxo Ayán explica os pormenores da terceira campaña de escavación no Preguntoiro (Pantón), sábese que o templo se asenta sobre tumbas antigas e que non contén enterramentos de época pleno e baixomedieval. Estanse a recoller mostras de restos óseos en contexto funerario, restos antracolóxicos e sedimentolóxicos.

Estas análises complementarán os resultados do estudo de Arqueoloxía da Arquitectura que se centrará na análise estratigráfica e estilística dos paramentos murarios da antiga ermida de San Xoán Degolado.

Con estes estudios determinarase tamén a natureza doutra construción anexa que podería estar relacionada cun dos eremitorios máis antigos da Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade