Once investigados por irregularidades nunha urbanización de Cabo Estai
Once investigados por irregularidades nunha urbanización de Cabo Estai
Invadiron supostamente terreos de propietarios particulares
Era o último paraíso da costa viguesa, nunha das zonas máis cotizadas da cidade, aquí un grupo de veciños tiña pequenas leiras cos seus títulos de propiedade, pero non rexistradas polo que houbo quen si a rexistrou segundo din.
As obras tampouco respectaron a lei de costas.
Desde a Asociación de Veciños de San Miguel de Oia levan máis dun ano protestando en todos os ámbitos sen demasiado éxito ata que recorreron á xustiza que acaba de abrir unha investigación penal sobre once persoas, dúas delas traballan na xerencia de urbanismo de Vigo, dous son arquitectos e outro é un construtor.
A vía feita sobre os terreos dos seus devanceiros remata nunha escada sobre o mar, apoiada nas rochas, algo que chama moito a atención tanto desde o punto legal como ambiental ou paisaxístico.