Cargando resultados...
Doce detidos tras a protesta de Greenpeace na planta de gas de Reganosa
Doce detidos tras a protesta de Greenpeace na planta de gas de Reganosa
Denuncian o custo económico do gas e os danos na contorna ambiental
G24.gal
15/11/2021 20:20
Polo menos 12 persoas foron detidas tras a instalación dunha pancarta na planta de gas de Reganosa, no municipio coruñés de Mugardos, por parte de activistas da organización ecoloxista Greenpeace.
Denuncian a dependencia española do gas, causante, din, da suba do prezo da enerxía e de problemas climáticos. Tamén esixen que os gobernos fagan máis.
E poñen o foco no executivo español: acúsano de presumir de compromisos contra a crise climática, sen traballar nun plan de abandono dos combustibles fósiles que protexa as persoas, segundo argumenta a asociación ecoloxista.