Publicador de contidos
Publicador de contidos

Décimo sétima edición do Salón Internacional Equigal en Lugo

Décimo sétima edición do Salón Internacional Equigal en Lugo

Vixésimo terceira Copa Galicia de Pura Raza Galega

G24.gal 12/05/2024 20:15

Décimo sétima edición do Salón Equigal e vixésimo terceira copa de cabalos e eguas de pura raza galega, o tesouro e garda dos montes galegos.

Organizada pola Asociación do Cabalo de Pura Raza Galega, o concurso e exhibición celebrado esta fin de semana en Lugo achegou ao público unha raza equina que cada día conta con maior recoñecemento e protección.

Entre os machos maiores de tres anos, este foi o que levou o primeiro premio.

Ademais de concurso, tamén se fixo pase de doma clásica e de doma de alta escola. Para o público, supuxo a oportunidade de coñecer máis de preto estas bestas e cabalos robustos e esquivos que dende hai séculos habitan e conservaron o monte galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos