Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira cabalar protagoniza o día grande das San Lucas de Mondoñedo

A feira cabalar protagoniza o día grande das San Lucas de Mondoñedo

Unhas 500 bestas participaron na feira, moitas baixaron do monte na véspera

Milleiros de visitantes acoden á festa máis antiga do país

G24.gal 18/10/2024 14:40

Rinchos, ferraduras e crinas acaparan toda a atención no día grande das San Lucas. Baixaron desde o monte guiados polos seus donos e hoxe son os protagonistas da gran feira cabalar. Este ano viñeron arredor de 500 animais ata o recinto feiral. E con tanta oferta, os tratos fixéronse de rogar.

"O mercado regular, non había moitos compradores. Había moito gando para paisanos, pero a xente di que é moi caro. E para abasto faltaron compradores", di un tratante de Lalín.

O programa continúa con concursos morfolóxicos, de andadura e un espectáculo nocturno de doma. Milleiros de curiosos acoden ata Mondoñedo para contemplar os cabalos e gozar do ambiente dunha festa que se remonta ao século XII.

"É o mellor día que temos en Mondoñedo, hai moita xente e un ambiente xenial. Xa onte a baixada dos cabalos foi espectacular".

"Toda a familia se reúne, a vila está moi animada e ademais este ano non parece que chova".

"Veño sempre que podo, encántanme os cabalos, xa os vin e agora toca tomar o polbo".

A feira estivo ateigada de visitantes xa dende a mañanciña. Porque xa se sabe que non hai celebración galega onde falten a comida ou a troula, e tamén a celebración da misa para os devotos do san Lucas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar