Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dezanove espectáculos competirán como finalistas nos XXVIII Premios de Teatro María Casares

Dezanove espectáculos competirán como finalistas nos XXVIII Premios de Teatro María Casares

Destacan as nove candidaturas de Unha inimiga do pobo e os seis finalistas de Hamelin

A gala celebrarase o 21 de marzo na Coruña

G24.gal 20/02/2024 21:47 Última actualización 20/02/2024 21:59

Na edición número 28 dos Premios de Teatro María Casares competirán 19 espectáculos por se faceren con algún dos 16 galardóns. As candidaturas déronse a coñecer en Santiago, na xa tradicional festa de finalistas na cafetería do Auditorio de Galicia. 

Alí, os títulos que máis veces se repetiron comezaban por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, que trae o texto de Ibsen á Galicia actual 140 anos despois. Debuxa un contexto hostil en que as emocións humanas son sometidas á máxima presión. Esta proposta xuntou nove finalistas.

E seis candidaturas foron para Hamelin, de Redrum Teatro, revisión de Juan Mayorga do conto clásico que dirixe agora Álex Sampayo. 

Cinco finalistas logrou O auto do Castromil, de Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego. Sobre textos de Manuel María, invita a "unha viaxe en transporte público pola Galicia inconsciente".

Outras cinco candidaturas levou a produción do CDG Shakespeare en Roma. E tamén do Centro Dramático Galego, con cinco finalistas, Un hotel de primeira sobre o río.

O premio ao espectáculo infantil pódelle caer a Ándale! Bon apettit!, de Teatro Ghazafelhos. Pódelle caer a Crisálida, de Caramuxo Teatro. E pódelle caer a Backstage, de NegroLopez. 

O mellor espectáculo será Hamelin, O auto do Castromil ou Unha inimiga do pobo.

A gala dos Premios de Teatro María Casares celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o xoves 21 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade