Publicador de contidos
Publicador de contidos

Douscentos militares compiten no concurso de patrullas da BRILAT

Douscentos militares compiten no concurso de patrullas da BRILAT

Comezou xa en Tui a carreira en que compiten máis de 200 militares 

Terán que superar varias probas no percorrido

G24.gal 28/06/2023 13:59

Cargados coa mochila ao lombo e co armamento, non baixan o paso. Máis de 200 militares participan este ano no Concurso de Patrullas, que suma xa 22 edicións. O obxectivo: chegar os primeiros a Santiago.

Teñen que percorrer 120 quilómetros polo Camiño Portugués. E ademais deberán superar varias probas para demostrar as súas habilidades malia o cansazo. Desta vez participan tres patrullas estranxeiras, de Portugal, Reino Unido e Francia.

Durante o percorrido, os participantes deberán pasar un recoñecemento médico para garantir a seguridade, e máis nunha xornada en que deberán soportar altas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade