2021, o regreso de Julia Vaquero: "Só querían que fose unha máquina de correr"
2021, o regreso de Julia Vaquero: "Só querían que fose unha máquina de correr"
A guardesa cumpriu o soño de facer un maratón despois de 20 anos afastada do atletismo
A presión que sufriu quebrou a súa saúde mental: "Fun unha persoa que explotaron"
Na Zona mixta da Radio Galega elixiron a reaparición da atleta Julia Vaquero como unha das grandes noticias do ano. A corredora da Guarda foi referencia absoluta do deporte español na pasada década dos 90 pero a súa vida veuse completamente abaixo afectada de problemas de saúde mental e falta de axuda.
"O único que querían é que fose unha máquina de correr, non unha persoa. Fun unha persoa que explotaron. 2021 significou volver crer en min, ninguén pensaba que ía resistir un maratón. Volver foi moi emocionante porque cheguei a odiar iso que tanto me deu"
Na entrevista, Vaquero fala dos danos físicos e psicolóxicos que padeceu cando estaba en activo e que a afundiron nun pozo tras a súa retirada. Di que agora xa os está superando e que por iso se animou a volver correr. Empezou 2021 competindo outra vez en pista e rematou cumprindo o obxectivo de completar por vez primeira un maratón.