Xa estan vacinadas contra a covid 210.000 persoas no que vai de campaña

A vacinanción continúa durante a fin de semana nos 13 grandes recintos habilitados en toda Galicia

O Sergas mantén o obxectivo de chegar ao 75 por cento da poboación diana inmunizada

G24.gal 28/10/2023 14:42

Con 210.000 persoas vacinadas contra a covid e 228.000 contra a gripe en pouco máis dun mes, Sanidade mostra satisfacción ante a resposta dos cidadáns á campaña.
Esta fin de semana hai vacinación nos 13 grandes recintos habilitados en toda Galicia.

"Estou seguro de que os galegos e as galegas van seguir sendo os que máis se vacinen de toda España e iso axúdanos a ter a epidemia controlada, polo menos nos termos en que a temos agora mesmo. Levamos como 210.000 persoas vacinadas da covid, a verdade é que é un dato moi importante, e 228.000 de gripe. Hai que explicar que hai xente que cando se vai vacinar da covid, non a podemos vacinar porque non pasaron os tres meses e por iso hai unha pequena diferenza, di o conselleiro Julio García Comesaña.
 

O Sergas confía en chegar ao 75 por cento da poboación diana inmunizada, igual que o ano pasado. E insiste en recomendarlles aos maiores de 60 anos que acudan vacinarse.

 

O ano pasado foi un fito tanto na vacinación da covid, creo que todo o mundo é consciente de que a covid non marchou. É  certo que cada vez o seu efecto é máis leve e menos xente ten que recorrer á UCI pero todo iso é froito da vacinación se iso queremos que siga sendo así temos que seguir vacinando", asegura García Comesaña.


Hoxe tócalles aos profesionais sanitarios, mañá tamén hai convocadas máis persoas da poboación xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade