Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dezaoito mortos e trece feridos nun tiroteo masivo nos Estados Unidos

Dezaoito mortos e trece feridos nun tiroteo masivo nos Estados Unidos

O presunto autor do masacre, de 40 anos, segue fuxido

Este é o tiroteo con maior número de mortos dos rexistrados este ano nos Estados Unidos.

O sospeitoso disparou indiscriminadamente nun restaurante e nun local de birlos
G24.gal 26/10/2023 08:07 Última actualización 26/10/2023 17:15

Nova matanza nos Estados Unidos. Esta vez na pequena cidade de Lewiston, no estado de Maine, de apenas 39.000 habitantes. 

As imaxes captadas polas cámaras de seguridade e o coche que abandonou na zona sinalan a Robert Card, un instrutor de tiro de 40 anos, como o pistoleiro que atacou un bar e unha sala de birlos de Lewiston, en Maine, o máis setentrional dos estados da costa leste dos Estados Unidos.
Polo menos 18 persoas morreron nos tiroteos e trece quedaron feridas.

Card, que segundo a súa familia ten problemas mentais, continúa fuxido e está sendo buscado por un amplo dispositivo policial no que participan centos de axentes.

O fuxitivo vai armado e é perigoso, advirten as autoridades, que piden precaución á poboación."Se alguén o ve, non debe achegarse a Card nin establecer contacto de ningún xeito", dixo o comisionado de Seguridade Pública de Maine.

As clases foron suspendidas en todo o estado. As autoridades pediron aos comercios que permanezan pechados e á xente que se reclúa nas súas casas. "Vivo aquí desde que tiña 19 anos e estou sorprendida" di unha residente local ás portas do hospital onde ingresaron a maioría dos feridos.

Este é o tiroteo con maior número de mortos dos rexistrados este ano nos Estados Unidos.

Foi tal o número de feridos, oficialmente 50, que medios locais elevan ata 80, que os hospitais non daban abasto e algúns tiveron que ser trasladados a outros estados. 

A policía decretou situación activa e pediulles aos veciños que non saian das casas. Buscan o sospeitoso por terra e por aire. O feito de que actuase a cara descuberta fai pensar, máis ca nun acto terrorista, nunha misión de suicidio causando o maior dano posible. 

Robert Card foi diagnosticado de problemas mentais e tiña antecedentes por pornografía infantil. 
Esta é unha das maiores matanzas rexistradas nos EUA nos últimos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade