Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte e catro leitos fluviais seguen en alerta por risco de rebordo dos ríos

Vinte e catro leitos fluviais seguen en alerta por risco de rebordo dos ríos

As enchentes levaron por diante leiras e anacos de estradas, como foi o caso deste desprendemento en Ourol

A situación pode complicarse máis nos vindeiros días co desxeo e a chuvia

G24.gal 18/01/2023 22:24

O Landro, o Mandeo, o Parga, o Lérez e por suposto o Sil e o Miño. Ata 24 leitos fluviais estiveron en estado de alerta por causa do temporal nas últimas horas ante o risco duns rebordos que finalmente acabaron por producirse con diferente intensidade e afectaron sobre todo a Terra Chá e a cidade de Lugo.

En ducias de pequenos regatos houbo tamén complicacións porque as enchentes levaron por diante leiras e anacos de estradas, como foi o caso dun desprendemento en Ourol. En moitas das vivendas afectadas aínda non se puido entrar para facer limpeza e balance de danos.

En Begonte aínda están a repoñerse do susto que levaron ao rebordaren os ríos Parga e Ladra e deixaren illadas varias vivendas e cortadas a estrada nacional sexta e a vía do tren.

A chuvia deu un respiro pola tarde pero as chuvias van volver mañá e nas zonas lindeiras cos ríos non se pode baixar a garda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade