Vinte e cinco graos de diferenza entre Ribeira e Calvos de Randín
Vinte e cinco graos de diferenza entre Ribeira e Calvos de Randín
O anticiclón deixa estes días moito frío no interior pero tamén estampas de praia na costa
A provincia de Ourense amenceu este luns con aviso amarelo por frío. As xeadas deixaron en Calvos de Randín nove graos baixo cero, a temperatura máis baixa de toda Galicia.
En Verín chegaron aos sete graos baixo cero e na cidade de Ourense mesmo as fontes se conxelaron.
O vento do norte trae ceos despexados e moito frío. Pero nas zonas de costa, con temperaturas máis suaves, estes días estanse gozando coma un pequeno verán en pleno xaneiro. Baiona tivo catorce graos, O Grove quince e Ribeira case dezaseis. Con estas temperaturas tan agradables e con tanto sol, moita xente decidiu pasar o día na praia. Algúns mesmo puxeron o traxe de baño.
O día rematou cun solpor fantástico. Deses que, en pleno inverno, xa nos fan soñar coas vacacións.