Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temperaturas moi altas e inusuais nestas últimas xornadas do inverno

Temperaturas moi altas e inusuais nestas últimas xornadas do inverno

O xoves chegará unha fronte pouco activa

O venres teremos anticiclón dun só día

G24.gal 12/03/2024 14:15

Cando falta pouco máis dunha semana para darlle a benvida á primavera, este martes as temperaturas achéganse aos 20 graos en moitos lugares galegos.

"É marabilloso o tempo que temos".

Temperaturas altas e inusuais para este mes de marzo que moitos xa aproveitan para facer plans diversos.

"Pasear, tomar o sol e coller vitamina D...".

E así continuaremos unha xornada máis. Este mércores aínda irá máis calor. En Ourense, por exemplo, chegará aos 22 graos e en Mondoñedo, aos 21.

"Pois xenial. Estamos encantados con este tempo". "A ver ata cando nos dura...".

Ata o xoves. Porque daquela será cando chegue unha fronte. Iso si, pouco activa. Porén, malia que vai chover, non pasaremos frío".

"Aguantaremos o que veña". "E choverá a fin de semana...".

Haberá que agardar... Polo de pronto, o venres volveremos a gozar dunha xornada solleira e calorosa. Pero, segundo as previsións, será un anticiclón de só un día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade