Chega o anticiclón con temperaturas de máis de 20 graos ata o venres
Chega o anticiclón con temperaturas de máis de 20 graos ata o venres
O mércores o termómetro acadará os 23 de máxima, pero as mínimas baixan ata os 4 graos
A imaxe dun cumio nevado, sobre as néboas que enchen as valgadas nas primeiras horas do día, reflicte o contraste de temperaturas, baixas pola mañá e xa moi agradables co avance das horas. Os regatos cantando coas chuvias dos últimos días, as árbores agromando e o sol quentando paseniño. Así anuncia a natureza a proximidade da primavera.
O anticiclón xa se nota. Vese nos paseos, onde xa cómpre a manga curta. O termómetro vai chegar aos 23 graos de máxima, aínda que pola noite refrescará, ata os catro graos de mínima o mércores en Lugo. Xa hai que ir preparando as terrazas.
A chuvia regresará o xoves durante unhas horas, de xeito feble, para que non esquezamos que, malia a sensación destes días, o inverno aínda non marchou de todo.