Publicador de contidos
Publicador de contidos

26.000 persoas evacuadas das súas casas polo incendio de Tenerife

26.000 persoas evacuadas das súas casas polo incendio de Tenerife

As que non teñen onde pasar a noite foron realoxadas en pavillóns

G24.gal 19/08/2023 21:11 Última actualización 19/08/2023 21:20

O incendio deixa, de momento, 26.000 persoas desaloxadas de 11 municipios. As autoridades locais habilitaron pavillóns para acoller os evacuados que non teñen onde aloxarse. Alí reciben asistencia médica e psicolóxica.

A primeira hora da mañá houbo desaloxos en varios puntos de La Orotava, La Matanza ou Los Realejos. Durante a noite as condicións meteorolóxicas empeoraron a situación e obrigaron a evacuar con carácter preventivo os veciños de 11 municipios pola proximidade do lume ás vivendas.

En todos os municipios hai un punto de encontro de evacuados para derivalos a centros sociosanitarios, a un albergue ou a pavillóns en función das súas necesidades.

Os responsables dos servizos de emerxencia pídenlle calma á poboación e que sigan as indicacións que lles dan persoalmente ou a través de mensaxes telefónicas.

E o Goberno canario pediulles aos veciños das poboacións afectadas polo incendio que limpen a contorna das súas vivendas e que saquen as bombonas fóra das súas casas. Tamén lles recomenda precaución ás persoas que teñen enfermidades respiratorias ou cardíacas, porque a calidade do aire é desfavorable debido ao fume xerado polo incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade