Publicador de contidos
Publicador de contidos

3 de novembro, Día de Neira Vilas

3 de novembro, Día de Neira Vilas

Inaugurouse a exposición coas ilustracións que Belén Rodríguez fixo para O cabaliño de buxo

Álvaro Domínguez recibiu o premio Neira Vilas de Novela Curta

Belén Rodríguez Pazo fixo as ilustracións de 'O cabaliño de buxo' Belén Rodríguez Pazo fixo as ilustracións de 'O cabaliño de buxo'
G24.gal 03/11/2022 20:26 Última actualización 03/11/2022 21:24

Este xoves 3 de novembro celébrase o Día de Neira Vilas, o día dun dos ilustres das nosas letras, do autor da obra máis lida da nosa literatura que é Memorias dun neno labrego. Este era o día do seu aniversario.

Na sede da súa fundación, en Vila de Cruces, Álvaro Domínguez recibiu o premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta pola súa obra Cristais rotos. Tamén se inaugurou unha exposición coas ilustracións realizadas pola artista plástica Belén Rodríguez Pazo para O cabaliño de buxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade