31 de xullo: día de trasfega de maletas nos hoteis
31 de xullo: día de trasfega de maletas nos hoteis
Santiago remata o mes con cifras de ocupación do 80 %
Maletas que soben a taxis e abandonan a cidade... ou maletas recentemente chegadas para empezar a estancia.
"Agora que estamos chegando imos dar un paseo, cear e mañá vemos Las edades del hombre. O segundo día xa regresamos" comenta Alberto, un turista de Valladolid.
En Santiago din que xullo deixa cifras de ocupación de arredor do 80 %.
O sector di que a pandemia trouxo cambios á hora de viaxar.
Maio e setembro son agora os meses con mellores cifras.
"A xente evita as zonas masificadas e empeza a viaxar antes e desde abril nótase esa afluencia de turismo que antes non había.
Agora en xullo vendemos máis de última hora cun prezo máis baixo. Cambia o tipo de turista", concreta Javier Malvárez vendo as reservas dos últimos meses do Capitol Boutique Hotel.
Turistas con outro perfil, pero que sempre intensifican o traballo nos cambios de mes e de quincena.