Publicador de contidos
Publicador de contidos

350 artistas participaron no Xuventude Crea 2022, escaparate do talento galego

350 artistas participaron no Xuventude Crea 2022, escaparate do talento galego

G24.gal 17/12/2022 21:43

O presidente da Xunta e a conselleira de Política Social entregaron hai uns minutos os premios Xuventude Crea 2022.

Foi nas instalacións do Tinglado do porto de Vigo. Son 14 as categorías premiadas de xeito individual ou colectivo que abranguen música, plástica, videoxogos, banda deseñada, cociña, teatro, fotografía, moda ou arte urbana. Presentáronse 350 artistas ao certame. Os seus traballos poderán coñecerse nunha exposición itinerante e de xeito inmediato na rede no museo dixital en liña.

Os premios divídense en 14 especialidades: seis premios colectivos -arte urbana, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música e teatro- e oito premios individuais -artes plásticas, cómic, deseño de xoias, fotografía, moda, novela curta, poesía e creación de vídeos.

Rueda destacou o éxito desta iniciativa na que participaron 4.300 artistas desde o seu inicio e presentáronse 3.200 obras, o que demostra "que hai moitos mozos dispostos a seguir os pasos dos máis recoñecidos creadores das artes galegas", desde Castelao e Rosalía de Castro ata Maruja Mallo, Carlos Núñez ou Olga Novo.

No seu discurso, mostrou a súa confianza en que moitos dos asistentes á gala "serán protagonistas do panorama cultural galego nos próximos anos".

Xuventude Crea naceu hai 13 anos como unha iniciativa pensada para que os máis novos con inquietudes artísticas poidan dar a coñecer as súas creacións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade