Publicador de contidos
Publicador de contidos

373 millóns de cidadáns elixen a composición do Parlamento Europeo

373 millóns de cidadáns elixen a composición do Parlamento Europeo

En xogo están 720 deputados e España elixe 61, dous máis que hai cinco anos

Poden votar en España máis de 38 millóns de persoas, dos que arredor de 2.700.000 o farán desde Galicia

G24.gal 08/06/2024 22:00

O Parlamento Europeo renóvase cada cinco anos e chegou a hora de volver ás urnas. As eleccións celébranse nos 27 estados membros. Comezaron nos Países Baixos o 6 xuño e rematarán nunha vintena de países, entre eles España, tres días despois, este domingo día 9.

O Parlamento é a única institución europea elixida directamente pola cidadanía. Desta volta, 373 millóns de persoas poden elixir 720 deputados, 15 máis que agora. España elixe 61 deputados, dous máis.

Pero votar só é obrigatorio en catro países, e as últimas eleccións europeas estiveron marcadas por unha elevada abstención. En 2019 rozou o 70 % nalgúns países como Portugal e de media foi do 50 %. En España coincidiron coas municipais e a abstención foi cinco puntos inferior.

2,7 millóns de electores en Galicia e 38 millóns en España

Nas eleccións europeas do 9 de xuño poden votar en España máis de 38 millóns de persoas. En Galicia poden participar 2.700.000. Son 8.800 máis que nas eleccións autonómicas de febreiro. Súmanse os que cumpriron a maioría de idade desde aquela e os 7.500 cidadáns comunitarios que residen en Galicia.

Unha vez celebrados os comicios, a mediados de xullo arrincará a décima lexislatura da Eurocámara, que durará cinco anos, e formarase unha nova Comisión Europea (CE), que é a institución que propón as leis europeas e implementa as políticas e o orzamento comunitario.

A Eurocámara tamén ten competencias de supervisión, como aprobar a elección do presidente da Comisión Europea, controlar outras institucións comunitarias ou examinar peticións dos cidadáns, así como aprobar o orzamento da Unión Europea.

Sete grupos políticos na Eurocámara

Actualmente hai sete grupos políticos: o Partido Popular Europeo, a Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas; Renovar Europa, no que están o PNV e Ciudadanos; os Verdes/ALE, con ERC e o BNG; A Esquerda, con Unidas Podemos e Bildu, e os dous partidos da extrema dereita: os Conservadores e Reformistas (ECR), no que se enmarca Vox-, e Identidade e Democracia (IDE).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade