Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a intoxicación de 44 persoas tras comer rebandas de 'pringá' nun bar de Córdoba

Investigan a intoxicación de 44 persoas tras comer rebandas de 'pringá' nun bar de Córdoba

Sospéitase que o falecemento dunha muller tamén se puido deber á inxestión deste alimento en mal estado

G24.gal 16/01/2025 14:43

A Junta de Andalucía investiga a morte dunha muller e a intoxicación de máis de 40 persoas que comeron rebandas de pringá nun bar de Córdoba. Esta típica tapa andaluza de carne cocida é o nexo.

O único alimento que comeron todos os infectados no local en dous eventos, un aniversario e unha cea. Na súa maioría sufriron dores abdominais e diarrea. Tres precisaron atención sanitaria. 

O departamento de Saúde xa rexistrou o bar e agora analiza as mostras de alimentos recollidas alí. Pero, de momento, non confirma que a morte estea causada directamente pola inxestión da pringá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade