Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Feira do Queixo de Arzúa volve cunha edición xa presencial

A Feira do Queixo de Arzúa volve cunha edición xa presencial

Boas expectativas para este ano, despois da limitada celebración de 2021

G24.gal 04/03/2022 14:06

Hai moitas ganas de celebrar esta Feira do Queixo en Arzúa. A versión reducida e telemática do ano pasado non puido nin moito menos facer esquecer o que senten e o que significa esta festa para os veciños da localidade.

As expectativas son boas: hoteis e pensións están a recibir moitas reservas; o mesmo que os concertos, que xa venderon as 1.000 entradas diarias e colgaron o cartel de completo. O concurso de petiscos en que participan ata 18 locais da vila ten tamén unha boa acollida popular.

Dende hoxe a ata o domingo Arzúa agarda a todos os que queiran achegarse para gozar da que moitos reivindican como a súa mellor festa do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade