Publicador de contidos
Publicador de contidos

48685, o número en que confían os ferroláns

48685, o número en que confían os ferroláns

Foi agraciado co premio gordo no ano 1915, e cen anos despois chegou de casualidade á mesma administración

Desde o 2015 esgótase ano tras ano

G24.gal 14/12/2023 13:53

Moitos xogadores da lotería de Nadal teñen algunha superstición. En Ferrol, por exemplo, apostan polo número 48685. Foi agraciado co premio Gordo ano 1915. Daquela deixou na cidade unha importante chuvia das antigas pesetas.

"Tocáralle a todo un barco. Bueno, a todos menos a un que non o mercara", explica Mari Docampo, a propietaria da administración de loterías.

E ese mesmo número, chegou de novo ao mesmo despacho, de casualidade, cen anos despois, no 2015. E desde aquela seguen vendéndoo. Porén a día de hoxe xa é imposible facerse cun deles porque leva un mes esgotado.

"Eu quedei sen el. Cheguei tarde. A ver se para o ano xa o encargo antes". "Imposible non é. Seguro que se pagas ben, alguén o vende". "Eu non me desfago del por nada do mundo. Teño outro e non o vendo... como para deixar escapar este", comentan clientes da administración de loterías.

Porque segundo as estatísticas, o 5 é a terminación que máis se repetiu no Gordo do Nadal, ata en 32 ocasións nos últimos 131 anos.

"Ten posibilidades de volver saír. E amais, todos van ao bombo", comenta Mari Docampo.

Das 185 series que ten cada número, Mari vendeu 125, deste. Así que se volve ser o número do Gordo, a deusa Fortuna repartirá por Ferrol 500 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade