Publicador de contidos
Publicador de contidos

68 positivos confirmados nun gromo dun hospital de Málaga

68 positivos confirmados nun gromo dun hospital de Málaga

Un xantar de Nadal con case 175 persoas parece ser o foco do contaxio

Todos presentan síntomas leves ou son asintomáticos

G24.gal 06/12/2021 19:30

Xa son 68 os positivos detectados no gromo dun hospital de Málaga. A maioría pertencen á unidade de coidados intensivos, principalmente persoal de enfermería.

Preto de 200 traballadores acudiron a un xantar de Nadal onde previsiblemente se contaxiaron, a pesar de facer un test de antíxenos previo. 

Todos contaban coa terceira dose da vacina, e presentan síntomas leves ou son asintomáticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade