Publicador de contidos
Publicador de contidos

7 detidos nunha operación contra a corrupción en Portugal

7 detidos nunha operación contra a corrupción en Portugal

Entre os arrestados, o vicealcalde de Vila Nova de Gaia

Investigan o pago de subornos a cambio de contratos públicos

Antón Montero 16/05/2023 20:25 Última actualización 16/05/2023 20:31

7 persoas foron detidas no marco dunha macroinvestigación contra a corrupción urbanística, con especial incidencia nos concellos de Gaia e O Porto.

Desde primeira hora da mañá, mais de 130 axentes e peritos da Policía Judiciária levaron a cabo rexistros nos dous concellos, ademais de en domicilios, empresas de construción e edificios públicos. 

Como resultado, imputaron 12 persoas e detiveron 7, só unha delas con responsabilidades políticas: o vicealcalde de Gaia. Sospeitan de corrupción, prevaricación e abuso de poder.

En concreto, farían concesións ilegais, a cambio de subornos, por valor duns 300 millóns de euros, ademais de beneficiar a particulares na contratación de servizos.

Responsables da Cámara do Porto dixeron que as buscas nas súas dependencias non atinxen ao concello, senón ás empresas que tramitan obras públicas tanto aquí coma noutras cidades lusas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade