Publicador de contidos
Publicador de contidos

7 horas cercados polos incendios de Portugal

7 horas cercados polos incendios de Portugal

Un pasaxeiro galego axudou o condutor do autobús co GPS para lograr saír de Aveiro 

Foron 7 horas perdidos con 40 graos no exterior, tentando buscar unha saída 

G24.gal 17/09/2024 15:27

Saíron ás 9 da mañá de Lisboa e non imaxinaban a odisea que ían vivir. David Santos, o único galego que ía no autobús, foi alertado por un amigo da situación. Avisou o condutor e axudouno co GPS.

Mentres transitaban por estradas comarcais, os 14 ocupantes do autobús vían horrorizados a través das ventás as consecuencias do lume. Foron 7 horas perdidos con 40 graos no exterior, intentando buscar unha saída.  

Cando chegaron a Braga respiraron tranquilos, aínda que grazas a David a situación nunca se descontrolou. David Santos, profesor de artes marciais, asegura que a súa profesión foi vital para poder afrontar con tranquilidade unha impactante vivencia que seguro non esquecerán.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade