Publicador de contidos
Publicador de contidos

Despachan máis de 7.000 racións a prezos populares na Festa do Mexillón de Rianxo

Despachan máis de 7.000 racións a prezos populares na Festa do Mexillón de Rianxo

A cita gastronómica chega á súa décimo terceira edición

G24.gal 04/08/2024 14:52 Última actualización 04/08/2024 17:36

Un dos produtos estrela da ría da Arousa ten a súa festa gastronómica en Rianxo.

"É a ría da Arousa onde hai máis bateas, hai máis de 2.300 das 3.300 que hai en Galicia. Estamos falando do produto estrela dunha ría que namora a todo o mundo que vén", asegura Ramón Vicente, presidente da Asociación Gastronómica Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo.

Máis de 7.000 racións a prezos populares consumíronse esta fin de semana. Os comensais poden escoller entre seis racións diferentes.

"Temos ao vapor, en vinagreta, en escabeche, en croquetas, nun guiso que lle chamamos "o rianxeiro".

"E tamén temos en empanada, tamén a seis euros".

Entre tantas preparacións, hai unha que triunfa por riba das outras.

"Ao vapor, sempre ao vapor".

"Ao vapor, porque conservan todo o sabor, e así están moi bos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade